Iniciamos unha nova etapa

Despois de 20 anos dende a nos fundación, baixo o nome de Electrogranxa S.L., adoptamos unha serie de cambios coa intención de converter o noso almacén de subministración de material eléctrico nunha empresa de referencia en toda Galicia. 

 

Cambiamos de nome

Unha das novidades máis significativas para a nosa compañía é o cambio de nome. A partir de agora, chamarémonos SUMELGA GALICIA S.L. Con este novo nome comercial buscamos dar resposta ó mercado xeográfico no que operamos nos últimos anos, e no que, grazas a tódalas medidas postas en marcha, pretendemos ser un referente da distribución de material eléctrico e industrial. Este cambio supón un punto de inflexión na historia da empresa. Renovamos a nosa imaxe para chegar a un mercado máis amplo e converternos nunha empresa líder en toda Galicia.

Outra das medidas que tomamos neste novo rumbo é a adquisición dunha nova nave, contigua á actual. Isto permitiranos ampliar a superficie de almacenamento ata 5 000 m2 e aumentar o espazo para unha mellor distribución dos nosos departamentos internos.

A pesar do crecemento que está experimentado o noso almacén de subministración de material eléctrico, en Sumelga seguiremos traballando sen perder os valores que nos definen e que fan posible que hoxe esteamos aquí.



Deixa unha resposta