Estreamos departamento industrial

 

Despois de 20 anos de experiencia no sector do almacenamento e distribución de material eléctrico, en Sumelga non detemos o noso avance. Dende o ano 2001 fomos crecendo e adaptándonos, pouco a pouco, para ofrecer un servizo mellorado ós nosos clientes. Este ano non vai ser unha excepción, polo que nos comprace anunciar que a familia de Sumelga segue crecendo. 

Novo departamento industrial

Ata o momento, no noso almacén contabamos cun total de 25 empregados. Non obstante, co afán de seguir especializándonos e mellorando a calidade dos nosos servizos, creamos un novo departamento industrial composto por cinco enxeñeiros con moita experiencia no sector.

A creación deste novo departamento industrial, xunto coa ampliación da nosa capacidade de almacenaxe, volve a situarnos como un dos almacéns líderes en Galicia. Estes cambios na compañía obedecen á determinación por ofrecer un servizo de asesoramento totalmente personalizado, especializado e integral ós nosos clientes. Queres saber todo o que che podemos ofrecer? Navega pola nosa web e descubre o noso amplo stock de material eléctrico!



Deixa unha resposta