Incorporamos dous novos provedores á nosa carteria

En Sumelga dispoñemos dun amplísimo stock de 30 000 referencias procedentes de provedores nacionais e internacionais de primeiro nivel. Co obxectivo de poñer sempre os produtos da mellor calidade ó servizo dos nosos clientes, estamos encantados de anunciar que incorporamos ó noso catálogo dous novos provedores.

Dámoslle a benvida a Disano e Rittal

Coa incorporación das marcas Disano e Rittal ampliamos a nosa oferta de iluminación e solucións avanzadas de enxeñaría. Contámosche un pouco máis sobre eles!

Disano

Disano Illuminazione naceu en Rozzano en 1957 e en 1992 fundou a súa sede en Tarragona, España. No catálogo de Disano hai unha ampla selección de lámpadas para tódalas necesidades de iluminación exterior e interior. Deste xeito, proporciona solucións para a iluminación pública e urbana, para zonas industriais, comerciais e de oficinas, e tamén para instalacións deportivas. Iluminación Disano opera en toda España, cun equipo humano de 108 persoas, incluíndo 22 promotores técnico-comerciais, 73 traballadores de producción e loxística, e 13 empregados de administración e consultoría en iluminación.

 

Rittal

Por outra parte, Rittal naceu en 1961 en Hesse, Alemaña e no transcurso destas cinco décadas foi evolucionando e crecendo ata converterse en líder mundial de oferta de sistemas para armarios de distribución, distribución de corrente, climatización, infraestrutura TI e software. Na actualidade conta con oito centros de produción, máis de 50 filiais e 9 700 empregados por todo o mundo. Xa coñeces un pouco mellor ós dous novos provedores, pero se aínda queres máis información sobre os seus produtos, non dubides en navegar pola nosa web e descubrir toda a nosa oferta de referencias en stock de Disano e Rittal. Seguro que atopas a solución que necesitas!

 



Deixa unha resposta