Renovamos o noso almacén de material eléctrico

Tras 20 anos traballando no sector da almacenaxe de subministración de material eléctrico, en Sumelga temos moi claro que os cambios deben ser benvidos para seguir mellorando e ofrecendo o mellor servizo ós nosos clientes. Por esa razón, temos unha gran noticia que darche.

Ampliamos a nosa capacidade de almacenaxe

No noso plan estratéxico 2021 – 2025, fixamos o obxectivo de aumentar a nosa competitividade ampliando o noso rango xeográfico de mercado. Para cumprir este propósito, adquirimos unha nova nave, contigua á actual, que nos proporciona unha superficie de almacenaxe extra de 2 000 m2, ademais da creación de 600 m2 de oficinas comerciais e outros departamentos complementarios.

Estas novas instalacións responden non só á necesidade de aumentar o noso espazo de almacenamento debido ó crecemento que está experimentando o noso negocio , senón que tamén nos permitirá ofrecer unha mellor e máis completa resposta ás necesidades dos nosos clientes. Con esta ampliación do noso almacén de material eléctrico, incorporamos unha oficina máis grande, así como unha nova sala de reunións para que tódolos procesos da empresa sexan máis eficientes, a fin de ofrecer un servizo mellorado tanto a clientes como a provedores.



Deixa unha resposta