O pasado 22 xuño, Sumelga celebrou un evento moi importante para o presente e futuro deste proxecto, como é a inauguración das novas instalacións contiguas ás actuais, e que contou cunha ampla representación do sector da distribución eléctrica de Galicia. Con este evento damos comezo a unha nova etapa na nosa aventura empresarial.
A xornada comezou á primeira hora da mañá abrindo as nosas portas a clientes e provedores, que puideron observar de primeira man como é e como funciona SUMELGA no día a día.
O evento tivo o seu momento estelar pola tarde, e contou cunha ampla presenza de Provedores e Clientes. Tamén estivo presente o noso patrocinado Jorge Pérez, acompañado do seu flamante Skoda Fabia R5 co que participa no campionato de España de rallyes. Os asistentes puideron gozar durante todo o día dun servizo de cátering con acompañamento musical, mentres intercambiaban impresións sobre o presente e futuro do sector. A continuación, realizáronse visitas guiadas en grupo polas novas instalacións, para que os asistentes puidesen coñecer de primeira man o funcionamento, a capacidade de almacenamento e as principais marcas coas que traballa a empresa na actualidade. Tras as visitas, no seu discurso, os socios fundadores da empresa fixeron un repaso da traxectoria e as expectativas de futuro de Sumelga. Tras isto, os asistentes puideron seguir gozando do servizo de cátering e acompañamento musical, co que se deu por finalizado o evento.
Desde Sumelga queremos agradecer a presenza e colaboración ao longo de todos estes anos a todos os asistentes, en especial aos nosos provedores e clientes.
O excelente rendemento da empresa durante os seus máis de vinte anos de traxectoria permítenos pensar en grande e buscar novos desafíos, que implican chegar a un mercado máis amplo e converternos nunha empresa líder en Galicia.